Política de Privacidade
A Dirección de ACADEMIA GALESPACE leva anos dedicada á formación, impartindo cursos oficiais tanto subvencionados como bonificados. Na procura da excelencia nos servizos prestados, decidiu implantar un Sistema de Xestión da Calidade de acordo coa norma UNE-EN ISO 9001:2015.
Grazas á confianza que os nosos clientes depositaron en nós, xa puidemos realizar pequenos avances no breve percorrido da nosa entidade, polo que cremos firmemente na mellora continua da organización e no crecemento continuado e ordenado da nosa actividade.
A nosa política é de aplicación a toda a organización, desde a Dirección ata todas e cada unha das persoas que traballan na nosa empresa, e baséase nos seguintes principios:
-
Satisfacer os requisitos dos clientes escoitando as novas demandas e tratando de ofrecer servizos acordes ás mesmas.
-
Dispor de sistemas e procesos flexibles que permitan a mellora dos nosos servizos e a súa adaptación ás necesidades e evolución do mercado.
-
Formar ao persoal actualizando os seus coñecementos, mediante adestramento práctico e proporcionando unha base teórica con asistencia a cursos internos e externos, publicacións e actualización de normativa.
-
A misión principal é levar a cabo a formación en diferentes áreas para a mellora laboral do alumnado.
-
A nosa visión é perseguir a excelencia a partir dun bo ambiente de traballo tanto na aula como co persoal do centro e entre eles, e a partir de profesionais cualificados que impartan formación de calidade.
Estes principios son o marco de actuación dos nosos obxectivos, procesos, procedementos e actuacións en materia de calidade. A nosa política concrétase nos seguintes compromisos:
-
Boa práctica profesional, tanto na formación como no trato co alumno.
-
Mellora continua dos nosos servizos e procesos.
-
Manter un elevado grao de competencia do noso persoal, como parte fundamental dos nosos servizos.
-
Cumprir cos requisitos legais e regulamentarios aplicables aos nosos servizos, así como cos propios que a empresa subscriba.
Desde a Dirección de ACADEMIA GALESPACE comprometémonos a garantir a nosa independencia, imparcialidade e integridade. Ademais, garantimos o cumprimento dos requisitos de confidencialidade do cliente en todos os nosos traballos, e protéxense os dereitos de propiedade dos mesmos.
A Dirección establece as medidas necesarias para asegurar que esta política é difundida e entendida en todas as áreas da organización, e se implanta, se revisa e se mantén actualizada, ademais de atoparse á disposición do público, respondendo positivamente ás lexítimas demandas de información.
Xinzo de Limia, 10 de xaneiro de 2020
Asinado pola Dirección
Adrián Rodríguez