Inglés
En Academia Galespace cremos que o inglés é unha ferramenta clave para abrir oportunidades académicas, laborais e persoais.
Por iso, ofrecémosche unha formación completa e adaptada a todas as etapas. Dende os máis pequenos que aprenden xogando, ata adultos que buscan mellorar o seu nivel ou certificalo oficialmente.
Somos centro examinador oficial de Trinity College London, o que nos permite acompañarte en todo o proceso, dende a aprendizaxe ata a obtención dun título recoñecido internacionalmente.



Extraescolar
Aprende inglés de forma natural e divertida.
Xogos, proxectos, teatro e dinámicas orais para nenos, nenas e adolescentes.
Reforzo escolar e desenvolvemento comunicativo nun contorno motivador.
Adultos
Mellora o teu inglés para traballar, viaxar ou estudar.
Clases prácticas, grupos reducidos e flexibilidade horaria para avanzar ao teu ritmo con acompañamento profesional.
Exames Oficiais
Academia Galespace é centro examinador Trinity.
Preparamos e examinamos os niveis A2–C2 (GESE e ISE), con titulacións oficiais recoñecidas en todo o mundo.

Inmersión Lingüística
Aprende inglés vivindo experiencias reais: semanas temáticas, actividades culturais e viaxes ao estranxeiro.
Unha forma práctica, natural e divertida de gañar fluidez e seguridade.

Club de conversa
Mellora a túa expresión oral nun contorno relaxado e dinámico.
Practica o idioma, gaña confianza ao falar e comparte con persoas que tamén queren soltarse en inglés.

Cursos Subvencionados
Inglés funcional incluído en cursos para o emprego.
Mellora as túas oportunidades laborais aprendendo vocabulario e expresións útiles para o entorno profesional.