top of page

Apoio Universidade

En Galespace, comprendemos que as materias de enxeñaría, ciencias e matemáticas poden presentar desafíos únicos.

O noso compromiso é proporcionarte un apoio personalizado que che permita dominar estes campos e acadar o éxito académico que mereces.

Ofrecemos clases de reforzo e recursos en liña deseñados especificamente para as disciplinas de enxeñaría, ciencias e matemáticas, desde cálculo e álxebra ata estatística e física.

Estudiantes

Por que Galespace ?

Experiencia Especializada

O noso equipo docente conta cunha ampla experiencia en enxeñarías, ciencias, matemáticas e economía.

Os seus coñecementos especializados guiarante a través de conceptos complexos e axudaránche a resolver problemas de maneira efectiva.

Recursos Especializados

Ofrecémosche unha gama de recursos especialmente deseñados para áreas como cálculo, álxebra, estatística e física, entre outras.

Estes recursos proporcionaranche unha comprensión sólida e axudaránche a enfrontar desafíos académicos con confianza.

Enfoque Personalizado

Sabemos que cada estudante ten necesidades únicas.

O noso enfoque personalizado asegura que recibas a atención individualizada que precisas para superar obstáculos e avanzar na túa aprendizaxe.

Resultados Comprobados

O noso alumnado experimentou un aumento na súa confianza e rendemento nas materias de enxeñaría, ciencias e matemáticas.

Con unha sólida taxa de éxito, podes confiar en Galespace para potenciar os teus logros académicos.

Prezos

Grupo da mesma asignatura Presencial

  • Grupo de alumnado que cursa a mesma materia universitaria

  • Ofrecemos apoio académico para grupos de estudantes que cursan a mesma asignatura universitaria.

  • As materias máis habituais para as que se forman grupos son:
    Estatística, Cálculo, Física, Álxebra, Mecánica, Fluidos, Fundamentos Matemáticos, entre outras.

  • Carreiras nas que prestamos apoio:
    Enxeñarías, Ciencias, Física, Química, Matemáticas, ADE...

  • Desconto do 15% se se apunta un grupo de amigos á mesma asignatura (mínimo de 6 persoas).

  • As clases son de 1 hora e 30 minutos, dúas veces por semana.

  •  150 €/mes

  • O prezo corresponde a un mes con 4 semanas naturais (8 clases). Se coincidise un número diferente de clases, calcularíase a parte proporcional.

  • Exento de matrícula (25 €) se o pagamento se realiza en metálico ou con tarxeta de crédito.

Grupos Online

Clase de proba DE BALDE

Os grupos fórmanse con alumnado da mesma materia.

Permítese a visualización das clases unha vez realizadas e o acceso a todo o material utilizado nas mesmas.

Desconto do 15% se se apunta un grupo de amigos á mesma materia (mínimo de 6 persoas).

As clases son de 1 hora e 30 minutos, 2 veces por semana.

Reserva de praza

150 €/mes

  • O prezo corresponde a un mes con 4 semanas naturais (8 clases). Se coincidise un número diferente de clases, calcularíase a parte proporcional.

** Exento de matrícula.

** No caso de que o grupo se inscriba conxuntamente, é imprescindible comunicalo previamente.

** No caso de que o número de interesados sexa maior ca o número de prazas, terase en conta a data da reserva.

Clases individuais

  • A clase pode ser presencial nas nosas instalacións ou en liña.

  • A duración da clase é de 1 hora.

  • As principais materias para as que ofrecemos clases individuais son Estatística, Cálculo, Física, Álxebra, Mecánica, Fluidos, Fundamentos Matemáticos...

  • As carreiras que adoitan cursar os nosos alumnos son Enxeñarías, Ciencias, Física, Química, Matemáticas, ADE...

  • Reserva de clase en liña

  • 35 €/clase

  • A clase págase no momento da reserva e, no caso de que o alumno non asista, non se recupera.

  • ** Tanto a reserva para clases presenciais como en liña realizarase a través da páxina web.

  • *** É imprescindible que o alumno nos indique no momento da reserva o temario que precisa ver na clase individual, achegando os arquivos que considere.

  • (NON FACEMOS TRABALLOS NIN EXAMES)

Política de Privacidade

logotipo academia galespace

Política de Calidade

Política de Cookies

Aviso Legal

bottom of page