top of page

CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB DE VALADRIN SL
www.academiagalespace.com

VALADRIN SL (en diante, Academia Galespace), con domicilio en Lepanto 14, Xinzo de Limia e CIF B32470452, representada por Adrián Rodríguez con NIF 44463543N, pon a disposición no seu sitio web www.academiagalespace.com determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.

As presentes condicións xerais regulan única e exclusivamente o uso do sitio web de Academia Galespace por parte dos USUARIOS que accedan ao mesmo. Estas condicións expóñense ao USUARIO en todas e cada unha das páxinas do sitio web www.academiagalespace.com e cada vez que un USUARIO introduce os seus datos en calquera dos formularios existentes, para que poidan ser lidas, impresas, gardadas e aceptadas a través de internet, non podendo o USUARIO introducir efectivamente os seus datos sen aceptar previamente estas condicións.

VALADRIN SL está inscrita no Rexistro Mercantil de Ourense con data do 17/08/2017, na folla OR-15161, Tomo 871, Folio 201.

O acceso ao sitio web de Academia Galespace implica a aceptación sen reservas das presentes condicións xerais de uso, que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non empregar o sitio web nin os servizos ofrecidos no mesmo para realizar actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

PRIMEIRA.– CONDICIÓNS DE ACCESO E USO

1.1.– O uso do sitio web de Academia Galespace non require a inscrición do USUARIO, agás que este desexe utilizar a base de datos de artigos dispoñibles en www.academiagalespace.com, onde será necesario rexistrarse cubrindo un formulario básico. Esta subscrición rexerase polas condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso deste sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose o USUARIO a facer un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, os dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc. Academia Galespace prohibe expresamente os seguintes actos:

1.1.1.– Realizar accións que poidan provocar danos ao sitio web de Academia Galespace ou a terceiros a través do mesmo por calquera medio.

1.1.2.– Realizar sen autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial, xa sexa de forma directa ou encuberta, o envío de correos masivos ("spamming") ou o envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede ("mail bombing").

1.2.– Academia Galespace poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, á boa fe ou ás presentes condicións xerais (ver cláusula quinta).

SEGUNDA.– CONTIDOS

Os contidos incluídos neste sitio web foron elaborados e incorporados por:

2.1.– Academia Galespace empregando fontes internas e externas, sendo responsable só dos contidos elaborados internamente.

2.2.– Terceiros alleos a Academia Galespace, ben mediante colaboracións directas no sitio web ou a través de hiperenlaces ou ligazóns a outros sitios web ou noticias de terceiros. Academia Galespace non será responsable en ningún caso dos contidos así introducidos nin garante o correcto funcionamento de ditas ligazóns. O USUARIO que desexe establecer un hiperenlace dende o seu sitio web ao de Academia Galespace non poderá facer un uso ilegal ou contrario á boa fe da información dispoñible.

2.3.– Academia Galespace resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos do seu sitio web.

TERCEIRA.– DEREITOS DE AUTOR E MARCA

Academia Galespace informa que o sitio web www.academiagalespace.com, os seus contidos, programación e deseño están plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida calquera reprodución, comunicación, distribución ou transformación destes elementos sen o consentimento expreso de Academia Galespace. Empregamos fontes externas nalgunhas ocasións e tamén establecemos hiperenlaces a artigos ou informacións de terceiros, citando sempre a fonte. O titular lexítimo dos dereitos de autor poderá solicitar a retirada desas referencias en calquera momento.

CUARTA.– XURISDICIÓN E LEI APLICABLE

As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Os Xulgados de Xinzo de Limia serán os competentes para resolver calquera controversia derivada destas condicións xerais, renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidera corresponderlle.

QUINTA.– NULIDADE PARCIAL

No caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as restantes cláusulas manteranse vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade destas condicións. O feito de que Academia Galespace non exerza algún dos dereitos ou facultades conferidas neste documento non implicará en ningún caso a súa renuncia, agás recoñecemento expreso da mesma por parte de Academia Galespace.

Política de Privacidade

logotipo academia galespace

Política de Calidade

Política de Cookies

Aviso Legal

bottom of page